Son María Lapido e son ilustradora comprometida con xerar imaxes diversas sobre mulleres, adícome á docencia nun taller de arte en Santiago de Compostela e estou interesada na divulgación artística dende a perspectiva feminista.

¿QUÉ PODO APORTAR COMO CREATIVA NO TEU PROXECTO?

Habilidades, recursos, formación, experiencia...

Teño habilidades adquiridas en numerosas técnicas pictóricas e estou capacitada para utilizar programas informáticos de edición fotográfica, de vídeo, de deseño e de ilustración.

Búsqueda constante de contido alternativo, comunicar a través da
experimentación; crear imaxes únicas e sorprendentes grazas ao erro, ao azar e a novas técnicas de traballo.

Teño moito interese na teoría da imaxe. Estudo a psicoloxía da cor, o
pensamento sobre a estética, a búsqueda do equilibrio na imaxe, o ideal percorrido visual; sempre con perspectiva de xénero e sendo coñecedora das tendencias históricas e actuais.

Podo xerar unha imaxe dunha idea allea, podo orientar na
búsqueda da estética ideal a través da historia da arte, podo acompañar para abrir diferentes vías de creación e conceptualizar a idea a través de referentes visuais, históricos e culturais, xustificando así, a coherencia do contido intelectual.

Promocionar o proxecto ou producto final a través de formacións, obradoiros ou charlas.

Teño aptitudes para a búsqueda de datos e a investigación, ademáis da
habilidade particular dunha gran concentración que me permite executar con rapidez o proxecto.

Disfruto de crear sinerxías con outras artistas e profesionais. A creación de proxectos en equipo é un reto ao que sempre accedo tendo en conta o compromiso adquirido, a escoita activa, a boa comunicación e a sensibilidade e a ilusión posta no proxecto por todas as participantes; sempre con bontade constructiva e celebrando a diverxencia e a diversidade.

Podes ver os meus últimos traballos aquí

Abrir chat
1
💬 ¿Necesitas axuda?
Hola 👋